Programas

Programa Vivendas Baleiras. Alugueiro Social

Bolsa de vivendas baleiras destinadas a persoas ou unidades familiares con dificultades para acceder ao mercado libre de arrendamento.

Servizo de Atención Primaria

Servizo de información, orientación e tramitación, punto de entrada ós servizos sociais, onde xorden a maioría das demandas persoais, familiares e de colectivos; onde se valoran as situacións de necesidade e os problemas sociais.

Axuda no fogar

Servizo municipal comunitario, con carácter social, que tende a prever situacións de crise persoal e familiar prestando unha serie de atencións de carácter doméstico e social.

Emerxencia social

Axudas económicas con carácter de urxencia destinadas a familias que non dispoñan de medios suficientes para atender as súas necesidades básicas.
 

Xantar na Casa

Recurso que amplía o servizo de axuda domiciliaria e permite garantir un control dietético axeitado adaptado ás necesidades e ao estado nutricional das persoas usuarias.

Tarxeta de estacionamento para persoas con diversidade funcional

Tramitación da tarxeta de estacionamento de vehículos para persoas con diversidade funcional que presenten mobilidade reducida.

Servizo de aloxamento temporal Casa dos Pobres

Requisitos de acceso e réxime de uso para a ocupación temporal das vivendas da Casa dos Pobres debido a situacións de emerxencia social.

Desenvolvemento Comunitario

Servizo de asesoramento e apoio as asociacións e promoción da participación veciñal.

Programas Colectivo das Persoas Maiores

Actividades orientadas ó mantemento e melloría do estado físico e psíquico, obradoiros, estancias en Balnearios, xogos, bailes, comidas de confraternidade, actuacións de grupos folclóricos ...

Educación familiar

Servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias para favorecer a prevención de situacións de risco e dificultade sociofamiliar.

Programa “Non estás soa”

Grupo de autoaxuda e/ou apoio integrado exclusivamente por mulleres.

Programas de inmigración

Asesoramento e apoio para reagrupacións familiares, temas laborais, validacións e homologacións de estudos, regularizacións, apoio educativo a menores ...

Ximnasia para colectivos especiais

Programa dedicado ao colectivo de mulleres a través das súas asociacións e ao colectivo Doa de atención a persoas con enfermidades mentais.

Programa ReAccionaR

Talleres dirixidos a persoas que teñen expediente aberto en servizos sociais cun proxecto personalizado de inclusión social.