Centro de Información á Muller (CIM)


 Edificio Xoia. Rúa Andalucía, 3 - baixo. 36940 - Cangas
Email
 986 392 268
:  986 303 696


Horario

Horario atención ao público:

  • de luns a venres de 9.00 a 14.30.
Asesoramento xurídico:
  • martes de 8.30 a 15:00.
  • xoves de 11.30 a 15.00.
Asistencia psicolóxica:
  • luns de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00.
  • de martes a xoves de 9.00 a 14.00.
Teléfono da Muller: 016

Que é?

O CIM, Centro de Información á Muller, é un recurso de titularidade municipal, dependente da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, no que se promove unha intervención global dirixida ás mulleres, proporcionando asesoramento xurídico, apoio psicolóxico, orientación sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Os CIM prestan atención e asesoramento a aquelas mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva, formando parte dun grupo ou asociación de mulleres, así como a calquera persoa, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.

Como funciona?

  • Atención telefónica e directa baseada nos principios do anonimato, da confidencialidade e do respecto á vontade das mulleres.
  • Programación de actividades e campañas de sensibilización para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e concienciar na necesidade de erradicar toda forma de violencia de xénero.

Servizos

  • Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Información sobre recursos dispoñibles na comunidade, cursos, xornadas, estudos en materia de igualdade e violencia de xénero.
  • Asesoramento xurídico e psicolóxico con cita previa.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de xénero ou por razón da identidade ou orientación sexual no ámbito da publicidade e nos medios de comunicación e traslado destas aos órganos competentes.