Datos de contacto

Rúa Real, 29 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 171

xuventude@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:30.
Servizo de Ludoteca: de luns a xoves (en horario de tarde).


Presentación

A Concellaría de Xuventude e Voluntariado de Cangas  ten como obxectivo a planificación, xestión, desenvolvemento e coordinación da programación municipal destinada á poboación entre 13 e 35 anos e tamén a poboación infantil.

Os servizos ofertados á poboación xuvenil resúmense en:

a) Información e asesoramento xuvenil, poñendo a disposición dos mozos e mozas os recursos informativos que lles permitan desenvolverse como persoas en proceso cara a autonomía. Os eidos que se abordan son emprego, ocio e tempo libre, estudantes, cursos e obradoiros, asociacionismo, voluntariado, garantía xuvenil, emancipación, etc. A labor de información realízase presencialmente na Casa da Xuventude, onde, a súa vez, lévanse a cabo as labores de asesoramento e orientación xuvenil. Durante o curso académico tamén desenvolve un programa de difusión da información a través dos Correspondentes Xuvenís nos centros de educación secundaria.

b) Dinamización xuvenil, posibilitando a socialización dos mozos e mozas e a realización de actividades que lles permitan gozar do seu tempo libre e desenvolver as súas capacidades dun xeito saudable, creativo, e responsable. As programacións desenvólvense nos locais da Concellaría de Xuventude:

  • Cursos e obradoiros xuvenís. Desenvólvense na Sala de Obradoiros da Casa da Xuventude
  • Certames: Cartas de amor e Cómic.
  • Campamentos de verán.
  • Salón do Cómic: Programa bienal no que conviven exposicións con debuxantes e outras actividades relacionadas con esta disciplina artística.
  • Musicangas: Programa de Promoción de Bandas Locais.
  • Tramitación de Carnés para a Mocidade.

 

Os servizos que oferta a Concellaría á poboación infantil son:

a) Ludoteca, posibilitando o desenvolvemento dos máis cativos e cativas a través do tempo libre educativo ao longo do curso académico, e facilitando, asemade, a conciliación familiar. As programacións lévanse a cabo nos espazos de lecer infantil da Casa da Xuventude.

b) Enredos de Verán, oferta de campamentos e actividades de verán do Concello de Cangas coa premisa de conciliar a vida Laboral e familiar. 

A Casa da Xuventude alberga os seguintes departamentos e espazos:

  • Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
  • Oficina Municipal de Voluntariado.
  • Ludoteca.
  • Servizo de Deportes.
  • Sala de Exposicións.
  • Sala Multiusos.