Datos de contacto

Edificio Administrativo. Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

urbanismo@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Funcións

Neste espazo poderedes consultar toda a información sobre a área de Urbanismo do Concello, ademais de coñecer polo miúdo todo o relativo ao estado actual das políticas urbanísticas do Concello de Cangas. Ademais está dispoñible a normativa municipal vixente e a información sobre os distintos procedementos, así como os impresos necesarios para levar a cabo os trámites pertinentes.
 
As funcións que desenvolve o departamento son a tramitación de todo tipo de expedientes de plans, xestión e disciplina urbanística:

  • Plans: instrumentos de ordenación do territorio (plans e proxectos sectoriais que afecten ao Concello), plan xeral (novo PXOM e modificación das vixentes normas subsidiarias) e plan secundario (plans parciais, especiais, proxectos sectoriais, estudos de detalle, etc.) e convenios urbanísticos.
  • Xestión: instrumentos de equidistribución, proxectos de urbanización, convenios urbanísticos, entidades colaboradoras da administración, expropiacións, etc.
  • Disciplina: expedientes de restauración da legalidade urbanística, expedientes de sanción, declaracións de ruína, ordes de execución, licenzas urbanísticas (maiores, menores, aperturas, etc.), autorizacións autonómicas en solo rústico, etc.