Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. Planta Soto - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 666

+ 34 986 304 850

obraseservizos@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Presentación

A Concellaría de Obras e Servizos é a encargada da execución, seguimento e control da obra pública en xeral e da xestión dos servizos públicos que ofrece o Concello. Este departamento ademais serve de apoio a outras concellarías que precisan instalacións ou infraestrutura para o desenrolo das súas actividades.

Funcións

Proxectos, Obras Civís, Subministracións e Servizos: 

  • Estudo e planificación das obras a executar polo Concello, ben sexa a cargo do orzamento municipal, ben subvencionado por outra administración pública ou ben mediante financiamento mixto.
  • Elaboración de proxectos técnicos de obras civís, dirección facultativa das obras de iniciativa municipal e supervisión de proxectos redactados por técnicos externos contratados se fora o caso.
  • Seguimento dos contratos que teñen por obxecto a execución de obras, servizos ou subministracións da rama da enxeñería.
  • Seguimento de todos os servizos e subministracións municipais adxudicados a empresas externas. Compróbase o cumprimento dos requisitos esixidos nos pregos e realízase o seguimento na prestación do servizo, atendendo ademais, ás posibles queixas/reclamacións presentadas respecto diso.

Mantemento das infraestruturas urbanísticas de todo tipo e de servizos municipais con medios propios e ou servizos externos.

  • Execución, seguimento e control da limpeza viaria e xardíns públicos.
  • Mantemento de zonas de lecer e parques infantís.
  • Mantemento das instalacións de alumeado público dependentes do Concello.
  • Mantemento preventivo das instalacións de calefacción e climatización propiedade do Concello.
  • Seguimento do servizo contratado de mantemento de ascensores e aparellos elevadores instalados en edificios e locais municipais.
  • Mantemento de camiños de titularidade municipal, reposicións e/ou reparación de pavimentos, rozas, beirarrúas, etc.
  • Sinalización de viais. Sinalizacións, tanto horizontais como verticais para mellorar a seguridade viaria en colaboración coa Concellaría de Tráfico e Seguridade.
  • Traballos de mellora da accesibilidade en colaboración coa Concellaría de Mobilidade.
  • Obras de canalizacións ou separacións en vías de titularidade municipal con medios propios e/ou seguimento de proxectos executados por empresas adxudicatarias dos servizos.
  • Instalación e mantemento de mobiliario urbano (bancos, papeleiras, varandas, marquesiñas, espellos, sinais, etc.).
  • Mantemento das Dependencias Municipais, instalacións deportivas, accesos e instalación en praias, centros sociais, etc., fontanería, pintura, electricidade, telecomunicacións, carpintería, albanelería, ferraxería, etc.
  • Colaboración coa infraestrutura cultural e festiva nas actividades organizadas desde as áreas municipais de cultura, turismo, xuventude, benestar social, etc., e/ou das asociacións e colectivos con autorización municipal.
  • Mantemento dos Cemiterios Municipais.
  • Mantemento dos Centros de Ensino públicos de Educación Infantil e Primaria.
  • Mantemento de instalacións deportivas e colaboración coas actividades programadas desde a Concellaría de Deportes.
  • Mantemento de instalacións e servizos a praias en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente e Turismo.

Programas Supramunicipais e convenios asinados con outras administracións públicas.

  • Xestión a nivel municipal, de Programas Supramunicipais, subvencións e convenios asinados con outras administracións públicas, que se convocan e asinan cada ano. Desde a Sección de Servizos realízanse as xestións e seguimentos necesarios para cumprir coas bases/cláusulas dos devanditos programas, subvencións ou convenios.

Xestión dos consumos e facturación das subministracións de titularidade privada que se prestan como usuario ao Concello (gas, electricidade, etc.).

Xestión dos trámites de cambios de titularidade da subministración de enerxía eléctrica cando unha instalación sexa cedida ao Concello por parte de urbanizacións ou outras administracións públicas.

Coordinación de actuacións realizadas por outras administracións ou organismos públicos no termo municipal de Cangas (adecuación de estradas provinciais ou autonómicas por parte da Deputación, Xunta ou Estado; outros organismos públicos etc.).

Informes e seguimento a empresas subministradoras de servizos cuxa titularidade é privada.

  • Informes relativos aos servizos afectados (que infraestruturas municipais poden estar afectadas, abastecemento, saneamento, pluviais, ou rede pública de alumeado) pola execución dunha obra por parte dunha empresa subministradora (Telefónica, Fenosa, R, Gas, etc.).

Atención de solicitudes, reclamacións, queixas e denuncias relativas ás obras, subministracións ou servizos municipais.

Certificacións e facturas de ditas certificacións das obras, servizos e subministracións.

  • Comprobación de todas as facturas presentadas e remitidas polo departamento de Intervención (datos, importes e cumprimento de todos os requisitos necesarios antes de proceder á firma das mesmas). Comprobación das certificacións e facturas emitidas polas empresas adxudicatarias dunha obra, subministración ou servizo e emisión dos informes que sexan pertinentes.

Organigrama