Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. Planta baixa - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

medioambiente@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Presentación

Biodiversidade: animais e prantas

A importancia da nosa biodiversidade é clave para entender e valorar a vila de Cangas. A conformación xeografía privilexiada coa que contamos fai que prolifere a vida natural, a flora e a fauna, de tal xeito que incluso contamos con especies protexidas que aniñan e/ou crecen na nosa contorna.

Os nosos animais domésticos, como parte desta biodiversidade, achégannos os valores da lealdade, da compañía, axúdannos como nexos de unión entre a nosa sociedade e o patrimonio natural. É por isto que precisamos devolverlles o que nos dan coidándonos e protexéndoos. O benestar animal é unha parte moi importante nas sociedades desenvolvidas. Contamos contigo para avanzar:

  • Recolle as cacas do teu animal de compañía: A repulsa na sociedade que causan os excrementos nas rúas conforma unha barreira para conseguir que toda a veciñanza esté cómoda convivindo nun municipio con animais de compañía. Coidándote de recoller as cacas que o teu can deposita na rúa estás contribuíndo a mellorar a convivencia e a manter e protexer o vínculo co patrimonio natural que os nosos animais de compañía representan.

A flora é indispensable para poder ter unha vida saudable, as plantas, as árbores son os nosos pulmóns. Canto mellor a tratemos e canta máis cantidade de árbores autóctonas teña o noso entorno, disporemos de mellor osíxeno e, polo tanto, mellor calidade de vida.

  • Coida das árbores públicas e tamén as propias en terreos privados: É habitual ver como se maltratan as árbores do entorno máis preto ao urbano cando se realizan bridaxes, se cravan carteis ou se cortan ponlas por vandalismo. As árbores son seres vivos que sofren cada vez que facemos actos vandálicos deste tipo sobre elas. Contribúe e informa a quen estea realizando algunha destas accións de que non debe levalas a cabo.