Datos de contacto

Avenida de Lugo, 27 - 36949 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 30 41 58

ensino@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Presentación

A posta en valor do Ensino, da Educación, como a máis grande revolución socio-cultural en avance e camiño da igualdade de oportunidades, é o noso compromiso. Ciencia e Tecnoloxía, Promoción do noso idioma e linguas estranxeiras, Observatorio da Infancia, Proxección dos estudos da nosa oferta educativa, Temas socio-educativos, Teatro, Artes, Educación Vial, Orientación Laboral-Profesional e Emprendemento, etc.

Obxectivos, directrices e liñas básicas de actuación, conforman esta folla de ruta colectiva en acción cooperativa de aprendizaxe. Consello Escolar Municipal, Direccións e Profesorado, Anpas, Alumnado, Departamentos de Orientación, Consorcio de Escolas Infantís, Conservatorio e Escola Municipal de Música, iremos deseñando, entre todas e todos, un Plan de Actuación de Educación en Valores na procura da mellor formación e orientación dos mundos xove e adulto.