Datos de contacto

Rúa Real, 29 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 166

deportes@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas.


Presentación


 Rúa Real, nº 29. 36940 - Cangas


Cangas Viva, Cangas Activa, é un proxecto común, un estilo de vida activo en todas as idades, en perspectiva interxeracional, que ten presente a saúde, alimentación, cultura da cooperación, solidariedade e igualdade. A posta en valor do Exercicio Físico e Deporte, como esforzo, disciplina, afán de superación, labor de equipa, constancia, e outros valores sociais, é o noso horizonte.

Obxectivos e liñas básicas de actuación, conforman este itinerario, este camiño a realizar en acción cooperativa. Axentes e recursos implicados: Consello Municipal do Deporte, Colectivos de Integración e Inclusión Social, Clubes, Educadores, Xuventude, Anpas, Entidades deportivas, Deporte Escolar, Deporte Base e Federado, Tafad, etc., iremos deseñando, entre todas e todos, un Plan de Actuación de Exercicio Físico e Deporte na procura da mellor formación e orientación dos mundos xove e adulto, coa correspondente dotación das infraestruturas necesarias para esa práctica de exercicio deportivo.