Datos de contacto

Avenida de Lugo, 27 - 36949 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 30 41 58

cultura@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Presentación

Desde a área de cultura deste Concello poñemos a disposición da veciñanza e de todas as persoas que nos visitan unha oferta cultural estable e de calidade.

Dispoñemos dunha serie de espazos privilexiados dotados dunha programación pensada para todos os públicos e que atende a xéneros tan diversos como o teatro, a música, a danza, as artes plásticas, as producións audiovisuais e moitas máis.

A través deste espazo presentamos os principais equipamentos culturais que o Concello de Cangas pon a vosa disposición, así como a súa programación.

O Concello de Cangas, co obxectivo de facilitar o acceso á cultura e á información en condicións de igualdade a toda a cidadanía,  inaugurou en 1989 a Biblioteca Pública Municipal de Cangas, situada nun edificio construído para tal fin a carón da Praia de Rodeira, coñecido popularmente como a "Casa da Cultura de Cangas".

Anos máis tarde, e co fin de descentralizar o servizo e estender os beneficios do mesmo a todo o ámbito xeográfico do municipio, creáronse bibliotecas nas parroquias de Aldán, Coiro, Darbo e O Hío, todas elas inscritas na rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.