Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986329504

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal



Policía Local

Avda. de Castelao, 2.
Teléfono: 986 303 031 / Correo: policialocal@cangas.gal
Horario: 24 horas.

A policía  local de Cangas é un instituto armado de  natureza  civil con organización xerarquizada  baixo a  superior  autoridade  do alcalde. Ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.

Segundo o Artigo 53 da Lei Orgánica 2/1986 de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, os corpos de policía local deberán exercer as seguintes funcións:

  • Protexer ás autoridades das Corporacións Locais e vixilancia ou custodia dos seus edificios e instalacións.
  • Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no centro urbano, de acordo co establecido nas normas de circulación.
  • Instruír atestados por accidentes de circulación dentro do centro urbano.
  • Policía administrativa no relativo ás Ordenanzas, Bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
  • Participar nas funcións de policía xudicial, na forma establecida no articulo 29.2 da Lei Orgánica 2/86.
  • A prestación de auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas Leis, na execución dos Plans de protección Civil.
  • Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración establecido nas Xuntas de Seguridade.
  • Vixiar os espazos públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía das Comunidades Autónomas na protección das manifestacións e o mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexan requiridos para iso.
  • Cooperar na resolución de conflitos privados cando sexan requiridos para iso.