Datos de contacto

Edificio Administrativo. Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

urbanismo@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


PEPRI

Oficina de Rehabilitación do Centro Histórico (PEPRI)

Oficina de Rehabilitación do Centro Histórico 

Rúa Benigno Soage, 5.
Teléfono: 986 307 246
Correo: cascovello@cangas.gal
Horario de atención ao Público: mércores e venres de 9:00 a 14:30 horas.
 
O ámbito da Área de Rehabilitación coincide co delimitado polas Normas Subsidiarias do Planeamento do Concello de Cangas para o Casco Vello, e co ámbito de ordenación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior, excepto parte das áreas de recheos non incluídas no PEPRI e que por consideracións estratéxicas e de xestión si se inclúen dentro do proxecto de delimitación e programación da Área de Rehabilitación.
 
Abrangue a área que vai desde o centro neurálxico: rúa Real, ao entorno da Colexiata e a zona do mercado e praza de abastos, na súa proximidade a Casa da Bola (casa da terceira idade) e toma a dirección este ata chegar ao Eirado do Sinal, comprendendo o espazo intermedio coas rúas San Xosé, Lirio, Santa Baia, Fonte do Galo, Cega, Nova, Retrama, Hospital, Estrela, Santiago, Ramón Franco, Colón, Benigno Soage, Sol, Eugenio Sequeiros, Méndez Núñez, Castelao, San Francisco, Loureiros,  Real, Pablo Iglesias e Outeiro. Inclúe ademais as prazas: Eirado do Costal, Praza da Constitución, Praza do Progreso, Praza do Arco e Praza de Síngulis.
 
O ámbito da Área de Rehabilitación de Cangas foi declarado por Resolución do Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia en data 11 de abril de 2001. O ámbito territorial é o do Plan Especial de Protección e de Reforma Interior aprobado polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 31 de maio de 2000.

A delimitación proposta para a área de rehabilitación procede do ámbito de protección definido polas Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Cangas (aprobadas polo acordo de data 7 de outubro de 1994, publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 232, de data 2 de decembro de 1994), así como polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior (aprobado polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 31 de maio de 2000).

O Concello, consciente da grave degradación que ven sufrindo nas últimas décadas o casco antigo, pretende paliar dita situación a través da revitalización e saneamento. Para isto, de acordo co establecido no Decreto 233/2013, de 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de Fomento de Aluguer de Vivendas, a rehabilitación de edificios e a rexeneración e renovación urbanas.

A oficina de rehabilitación existente no concello, para as funcións de información e xestión, conta cos efectivos necesarios e suficientes para o asesoramento técnico e coordinación das actuacións de rehabilitación das demais funcións e depende do departamento de urbanismo do concello.

Xestións

As xestións a realizar pola oficina municipal son as seguintes:

  • Prestar asesoramento e información ás persoas sobre as actuacións comprendidas no Plan de Vivenda.
  • Tramitar expedientes e realizar o seguimento técnico das obras do Plan de Vivenda e outras actuacións das políticas de vivenda, debendo respectar a normativa reguladora de aplicación.
  • Realizar visitas técnicas necesarias nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, así como as correspondentes aos programas de aluguer cando a administración requira informes de visita.
  • Redacción de proxectos de obras menores no ámbito da área de rehabilitación.
  • Dirección das obras de urbanización no Casco con proxecto anterior á creación da Oficina de Rehabilitación.
  • Redacción de proxectos e dirección das obras de urbanización e reurbanización no ámbito do PEPRI.
  • Dirección das obras dos proxectos realizados con anterioridade á creación da oficina.
  • Redacción de proxectos e dirección de obras no ámbito do PEPRI de tódalas obras de edificios catalogados de propiedade non privada (municipal, eclesiástica, etc.).
  • Realización de informes urbanísticos de tódalas obras no ámbito do PEPRI.

Descargas