O Concello de Cangas, tras dous anos de intenso traballo, vén de recibir un documento completo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Con él, dase comenzo á tramitación reglada en lei, que estará centrada, na súa parte inicial, na faceta ambiental da ordenación. É vontade do Concello que, dende este instante inicial, o documento sexa público e reciba difusión entre os veciños e as veciñas de Cangas. E que, asemade, exista para eles unha vía para formular observacións, sinalar problemas e oportunidades, ou simplemente solicitar aclaracións. Con tal obxectivo, entre outros, ábrese a Oficina Técnica do Plan.

A Oficina Técnica non constitúe unha das dúas vías regladas en lei para que, durante a tramitación dun Plan Xeral, se reciban comunicacións dos cidadáns. As consultas e observacións que, a través desta vía, se formulen, serán obxecto de estudo e valoración polo equipo redactor

A Oficina Técnica do Plan Xeral atópase na Casa de Cultura [Praza de san Xoán 24, 36940 Cangas]. O horario de atención ao público é todos os luns, entre as 11:00 e as 13:00. Pódese solicitar cita previa en Contacto.

  Casa da Cultura de Cangas, Praza de San Xoán, 24, 36940 Cangas, Pontevedra.
Ver localización

Horario de atención ao público: todos os luns de 11:00 a 13:00.