Oficina de Información ao Consumidor (OMIC)


 Edificio Xoia. Rúa Andalucía, 3 - baixo.. 36940 - Cangas
Email
 986 392 266
:  986 303 696


Horario de atención ao público

  • martes e xoves de 9.00 a 14.30.

Na nosa sociedade faise cada vez máis necesaria a información ás persoas consumidoras e ao usuariado, para que coñezan os seus dereitos e deberes e poidan exercelos con máis responsabilidade e sabendo defendelos.
 
Son dereitos básicos das persoas consumidoras e o usuariado:

  • O dereito á protección da súa saúde e seguridade, e do medio natural axeitado.
  • O dereito á protección dos seus intereses económicos e sociais.
  • O dereito á información e educación en materia de uso e consumo.
  • O dereito a crear as súas propias organizacións en orde á representación e defensa dos seus intereses.
  • O dereito á protección xurídica, administrativa e técnica e a reparación de danos e prexuízos.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencias exclusivas en materia de protección dos dereitos das persoas consumidoras. Co obxecto de desenvolver as actividades relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses das persoas consumidoras e usuariado galego, creouse no ano 1994 o INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO (IGC) como un organismo autónomo adscrito á Consellería de Innovación e Industria.

A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é un servizo gratuíto e municipal que presta o Concello de Cangas a cidadanía do municipio.

Tamén podes acudir ao Servizo Provincial de Consumo sito en Vigo, na Praza da Estrela 9, 7ª planta, e o seu horario é de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.

Obxectivos a cumprir pola OMIC Cangas

  • Atender, informar, e asesorar telefonicamente e presencialmente as consultas realizadas polo usuariado en materia de consumo.
  • Informar, mediar e axudar a cumprimentar as follas de reclamacións.
  • Trasladar as reclamacións ao Instituto Galego de Consumo no seu Servizo Provincial de Vigo.¡
  • Formar en materia de consumo ás persoas participantes nos obradoiros ou charlas feitos pola OMIC de Cangas previa petición dos centros educativos ou asociacións.
 
TELÉFONO GRATUÍTO DE CONSUMO: 900 23 11 23

Ligazóns