Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Campionato Galego Promesas e Veteranos de Taekwondo

Campionato Galego Promesas e Veteranos de Taekwondo

O pasado sábado celebrouse no pavillón do Gatañal de Cangas o campionato Galego Promesas e Veteranos de Taekwondo. A participación final do campionato foi de case 500 deportistas desde categoría infantil (a partir de 10 anos) ata categoría adulta.

Cabe destacar o bo funcionamento do campionato que se realizou a 6 pistas con petos electrónicos XENE2. Durante máis de 10 horas seguidas, púidose ver estupendos combates cun alto nivel e nun pavillón no que se calcula que ao longo do día pasaron máis de 2000 persoas entre público e participantes.

Agradecer á Federación Galega de Taekwondo a confianza depositada no club Sares-tkd Cangas e no Concello de Cangas un ano máis para realizar este campionato.

A entrega de medallas realizárona o Concelleiro de deportes Eugenio González e o presidente da FGT Juan Carlos Eiriz.

Sobre o equipo que participou representado ao club SARES- TKD CANGAS:

Hugo Teijo, OURO en -44kg junior masculino A.
Darío Dacosta, OURO en -74kg senior masculino B.
Adrián Valladaraes, OURO en +59kg cadete masculino A.
Adriana Paz, OURO en -52kg junior femenino A.
Antía Lemos, PRATA en -68kg junior femenino B.
Raúl Brun, PRATA en -61kg cadete masculino B.
Gael Santos, PRATA en +73kg junior masculino A.
Eloi Graña, PRATA en -74kg senior masculino A.
Mario Caeiro, PRATA en -63kg senior masculino A.
Raúl Pereira, BRONCE en -68kg junior masculino A.
Aroa Piñeiro, BRONCE en -41kg precadete femenino A.
Lena Costas, BRONCE en -68kg junior femenino A.
Hugo Vieitez, 1/4 de final -53kg cadete masculino A.
Samuel Longueira 1/4 de final -48kg cadete masculino A.
Rida Kazhouti 1/4 de final -45kg cadete masculino A.
Ainhoa González 1/4 de final -51kg cadete femenino A.
Abderraman Kazhouti 1/8 -41kg cadete masculino A.

Estes resultados levaron ao club para subir ao podio na clasificación xeral por equipos:
3º Clasificados en Junior.
3º Clasificados en Senior.