Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Educando en Valores

Proxecto: "Cangas pola igualdade dende a diferencia"

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade vimos de crear o proxecto “Educando en Valores” que se basea en que os libros e material que nos poidan ofrecer un aprendizaxe en valores sexan sinalados cun “punto lila” para que, tanto familia como entorno, poidamos coñecer de antemán que o libro que estamos a retirar en préstamo, de calquera das bibliotecas dos centros educativos de Cangas ou das Bibliotecas Municipais, é unha ferramenta que nos vai proporcionar unha educación e formación en valores.

Creamos este proxecto, como ferramenta de axuda á familia e o entorno e como apoio á Comunidade Educativa coa finalidade de divulgar material “coeducativo” e promover que a selección de libros e material respondan a criterios de respeto e a empatía necesaria cara a diversidade, igualdade e non discriminación inherente a natureza humana.

Estes exemplares xa se poden consultar nas Bibliotecas Municipais e nos Centros Educativos IES Rodeira, CEIP do Hío e CEIP A Rúa. O obxectivo do Concello é que se incorporen o resto de centros educativos pouco a pouco para que todos os nenos teñan as mesmas oportunidades de educarse en valores, igualdade de dereitos, oportunidades e resultados.