Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Certame de Cartas de Amor 2020

BASES:

 

1.- Carta referente ao amor

 

2.- Poderán participar todos aquelas/es que o desexen dentro  das seguintes categorías:

A.- ata 16 anos (nados no 2004)

B.- a partir de 17 anos cumpridos (nados no 2003 e anteriores)

                                                    

3.- A extensión máxima será de dous folios mecanografiados a dobre espazo e co texto en galego.

 

4.- Os traballos deberán presentarse acompañados dun sobre pechado no que se incluirán  os datos da autora/or: nome, enderezo, nº de teléfono, fotocopia do D.N.I. ou libro de familia.

 

5.- Os traballos deberán ser entregados na Oficina Municipal de Información Xuvenil sita na  Casa da Xuventude  ata o día 24 de xaneiro.

 

6.- O xurado presidido pola Concelleira delegada de Mocidade e Voluntariado do Concello de Cangas, estará composto por un número impar de persoas cualificadas neste campo  artístico, recaendo a secretaría na técnica responsable de Xuventude.

A Concelleira delegada de área será a encargada de nomear aos membros deste tribunal

O xurado poderá declarar deserto calquera destes premios.

 

7.- O faio do xurado darase a coñecer o día 12 de febreiro na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

 

8.- Premios:

Categoría  A:              1º  Vale por 75€  e diploma

                                 2º  Vale por 50 € e  diploma

                                 3º  Vale de  40 € e diploma 

                  

Categoría B:               1º Estancia de fin de semana nunha Casa Rural para dúas persoas e diploma.

                                 2º Estancia dunha noite nunha Casa Rural para dúas persoas e diploma

                                 3º Estancia dunha noite nunha Casa Rural para dúas persoas e diploma

 

9.- No caso de estimalo oportuno, o xurado poderá deixar deserto algún dos premios.

 

10.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do Concello de Cangas.

 

11.- As bases serán publicadas na web do Concello de Cangas, no facebook de Xuventude e a través da prensa Local.

 

Descargas