Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Curso gratuito de Introducción ao espacio Coworking para asesoramento a emprendedores

A Escola de Organización Industrial  e o IGAPE  organiza  un curso gratuito de Introducción ao espacio Coworking para asesoramento a emprendedores

Coworking IGAPE –EOI.   Moaña

Iniciativa para apoiar a emprendedores en calquera situación laboral tanto con novas ideas de negocio ou en negocios xa constituídos para acelerar e optimizar o seu proxecto. Para iso realízanse dous tipos de actividades fundamentais:

  1. Formación: relacionada tanto co proxecto, aspectos básicos relacionados con emprender ou habilidades persoais.
  2. Acompañamento individual: por medio dun mentor que permite definir o modelo de negocio e facelo operativo mediante un plan de mercadotecnia, plan financeiro, entre outros, adaptándose aos horarios e necesidades de cada proxecto/persoa. Este acompañamento refórzase posteriormente con mentorizaciones especialista definidas en exclusiva para cada proxecto: mercadotecnia dixital, financiamento, protección industrial, fiscalidade, etc.

A participación no Programa, é totalmente gratuíta e achega aos emprendedores/empresarios non só un Plan de Empresa estudado e analizado, se non tamén, a posibilidade de estar en contacto con outros empresarios cos cales poden xurdir posibles colaboracións. No programa tamén se analizan vías para obter financiamento, e mesmo, nalgunhas axudas públicas (subvencións) é tida en conta a participación no mesmo para atribuír puntos na concesión.

O programa desenvolveríase no Patronato Municipal Beiramar do Concello de Moaña dende decembro de 2019 a Xuño de 2020.

 

A inscrición é sinxela de realizar a través da seguinte ligazón:

https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/moana