Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


NOVOS LIBROS POLA IGUALDADE PARA O FONDO “DOLORES BLANCO MONTES” NAS BIBLIOTECAS DE CANGAS

NOVOS LIBROS POLA IGUALDADE PARA O FONDO “DOLORES BLANCO MONTES” NAS BIBLIOTECAS DE CANGAS

A  Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade na línea marcada neste goberno e no ámbito do  Proxecto anual  "En Cangas Sementamos Igualdade" seguimos creando ferramentas para que toda a veciñanza poida dispor de información en igualdade para empoderarse e poder coeducar. Vimos de dotar de máis material ó fondo de libros pola igualdade que leva o nome de Dolores Blanco Montes, en homenaxe a sindicalista canguesa que sufriu represión na época franquista.

Este fondo bibliográfico, do que se pode desfrutar dende calquera das bibliotecas do Concello, xa suma un total de 555 libros con esta última adquisición de novos materiais. Todos estes libros son de temática sobre a igualdade e a muller en diferentes aspectos, social, sexuais, legais e reproductivos e tamén consta dun apartado de libros de contido infantil e xuvenil.