Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


En Cangas sementamos igualdade

Xa se presentou en rolda de prensa o libro "En Cangas sementamos igualdade" de Llerena Perozo onde colaboran a Concellería de Igualdade e Feminismo e a Concellería de Cultura. Trátase de un libro dirixido a nenas e nenos e ao público en xeral, onde se explica o que é a igualdade e elabórase tamén unha guía práctica.

Desde o Concello con este proxecto pretendemos ter sempre preto de nós unha guía útil e didáctica ao servizo da comprensión de todas as idades. Con ela poderemos empezar a cambiar actitudes e comportamentos, así como sermos quen de recoñecer e distinguir o machismo e saber como actuar ante el.

 
A loita das mulleres de diferentes décadas pola igualdade ten xa un camiño longo, e comezan a dar o seu froito cando milleiros de persoas saen as rúas de todas as cidades e pobos demandando que somos iguais, pero até que a metade da poboación non estea libre de sufrir violencia e discriminación polo feito de ser mulleres non poderemos afirmar que vivimos nun sistema social xusto.

Se queremos no futuro unha sociedade en igualdade temos que…

Sementar na familia

Sementar na escola

Sementar nas institucións

Sementar no traballo

Sementar na contorna

Sementar no amor

Sementemos para poder recoller os froitos.