Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Certificado de Profesionalidade de Instalacións Frigoríficas

O Concello de Cangas vai a iniciar en breve un curso no que se vai a impartir o Certificado de Profesionalidade de “Desenvolvemento de proxectos de instalacións frigoríficas”. Ten un total de 588 horas, con 80 horas de prácticas en empresas e se vai a impartir na Casa de Oficios do Concello en horario de mañá.

Trátase dunha formación oficial totalmente gratuíta, subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, que está dirixida ás persoas en situación de desemprego que cumpran o requisito de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 3 (bacharelato ou equivalente, competencias clave de nivel 3, etc.). Así mesmo, os alumnos/as que asistan ao curso poderán solicitar diferentes axudas económicas segundo as circunstancias concretas de cada persoa (axuda de transporte, de conciliación, discapacidade, etc.). O número máximo de alumnos é de 15.

As persoas interesadas deben solicitalo o antes posible na Oficina de Emprego de Cangas e/ou na Casa de Oficios do Concello (986304650, casadeoficios@cangas.gal)

Relación de módulos formativos e de unidades formativas que se van a impartir:

MF1167_3: Instalacións e procesos frigoríficos (140 horas):
  - UF1026: Caracterización de procesos e instalacións frigoríficas (70 horas).
  - UF1027: Caracterización e selección do equipamento frigorífico (70 horas).

MF1161_3: Electrotecnia para instalacións térmicas (80 horas).

MF1162_3: Representación gráfica en instalacións térmicas (80 horas).

MF1168_3: Planificación da montaxe de instalacións frigoríficas (190 horas):
  - UF1028: Planificación da montaxe e protocolo de probas en instalacións frigoríficas. (70 horas).
  - UF1029: Elaboración do plan de aprovisionamento, custos e documentación técnica en instalacións frigoríficas (60 horas).
  - UF0415: Prevención de riscos e xestión medioambiental en instalacións frigoríficas (60 horas).

MP0209: Módulo de prácticas profesionais non laborais de desenvolvemento de proxectos de instalacións frigoríficas (80 horas).