Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Escolas de familias

A escola de familias é un programa que se desenvolve dentro do proxecto de prevención do Concello de Cangas dende o ano 1997  no que se tratan temas psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que teñen que ver coa nosa formación como persoas.

 

É unha xuntanza de pais, nais ou familiares que exercen labores pedagóxicas, e teñen intereses semellantes, que se xuntan nun espazo de reflexión onde se pode falar, onde te escoitan e onde podes aprender e aportar.

A educación é a mellor estratexia para conseguir fillos e fillas responsables, respectuosos/as, e con habilidades para crecer dun xeito saudable, e as persoas que educamos, os mellores modelos.

 

A influencia da familia é determinante tanto na construción da identidade persoal como no desenvolvemento de pautas de relación coas outras persoas.

 

Obxectivo.

Crear un marco de reflexión e debate sobre o noso papel como educadores/as.

 

Contidos.

. As relacións familiares. O estilo educativo

. Educación do comportamento.

. Habilidades sociais. A comunicación na familia.

. Desenvolvemento emocional da familia. O manexo emocional.

. Educación en hábitos saudables.

 

Destinatarios.          

Familias do alumnado escolarizado en centros de ensino do Concello de Cangas.

 

Metodoloxía.

Creación de espazos de elaboración para o traballo de conceptos e actitudes.

Activo-participativa, dinámica e construtiva.

Reunións quincenais nos centros de ensino.

 

 

Organiza: Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade.

Persoa responsable: Alberto Casqueiro Iglesias. 

Participan: IES Rodeira. IES Montecarrasco. IES María Soliño. CPR Eduardo Pondal.

CPR Casa de la Virgen. CPR Compañía de María. CEIP Cangas. CEIP San Roque. CEIP O Hío. CEIP Espiñeira. CEIP Castrillón. CEIP A Rúa.

 

Calendario e horarios.

 

As reunións seguirán a secuencia quincenal acorde as datas que se indican a continuación. Pode rexistrarse algún cambio, que será notificado aos grupos, no caso de que coincida a sesión con algún festivo ou por forza maior.

 

Luns ás 16.30 CEIP Espiñeira, Aldán. Próxima reunión, luns 21 de outubro.

Luns ás 14.45 CPR Compañía de María. Próxima reunión, luns 28 de outubro.

Luns ás 17.00 CEIP Cangas, Nazaret. Próxima reunión, luns 28 de outubro.

Martes ás 16.30 CEIP A Rúa. Próxima reunión, martes 22 de outubro.

Martes ás 16.30 CEIP Castrillón, Coiro. Próxima reunión, martes 29 de outubro.

Mércores ás 16.30 CEIP San Roque. Próxima reunión, mércores 23 de outubro.

Xoves ás 15.30 CPR Eduardo Pondal. Próxima reunión, xoves 31 de outubro.

Xoves ás 17.00 CEIP O Hío. Próxima reunión, xoves 31 de outubro.

Xoves ás 19.30 IES Rodeira. Próxima reunión, xoves 24 de outubro. Para familias dos tres institutos do Concello.

 

Pódese asistir a calquera dos grupos independentemente de o centro no que estean matriculados os fillos e fillas.