Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


XVI Programa Deportivo Escolar 2019/20

 

Para ese curso 2019/20 ofértanse un total de 14 actividades dentro do XVI Programa Deportivo Escolar do Concello.

O prazo de recollida de inscricións rematará o venres, día 20 de setembro de 2019 (ás 13.30 h). As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da Concellaría de Deportes, sitas na Casa da Xuventude de Cangas.

O Programa Deportivo é un conglomerado de actividades extraescolares que se ofertan dende a Concellaría de Deportes, para os nenos/as de educación infantil e primaria, dos 10 centros educativos do Concello de Cangas.

As actividades son impartidas polos monitores responsables dos propios clubs deportivos do municipio, xa que o obxetivo principal deste programa é dar a coñecer a actividade nos colexios, e si lles gusta que o seu tránsito a un club sea máis sinxelo.

A día de hoxe xa son moitos os nenos/as que comezaron nas Escolas Deportivas da Concellaría de Deportes, e que co paso dos anos conseguiron grandes resultados deportivos a nivel autonómico e nacional na súas respectivas modalidades.

Dende a Concellaría de Deportes agradecer a enorme colaboración das ANPAS, CENTROS ESCOLARES e CLUBS do municipio, sen a cal sería moi compricado levar a cabo este Programa Deportivo Escolar.

Ligazóns