Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


O Setembro en Ruta 2019 terá seis itinerarios diferentes

A concellería de Turismo presentará as rutas gratuítas de setembro o luns día 2 de setembro na Oficinal de Turismo sita na Casa da Bola

A concellería de turismo continuará impulsando as rutas gratuítas guiadas no mes de setembro. Unha iniciativa que busca fuxir do turismo de sol e praia para mostrar a historia e a cultura de Cangas tanto a persoas autóctonas como foráneas.

A primeira das rutas terá lugar o venres 13 ás 21h, coa temática ‘Cangas e o mar’. Ao día seguinte, sábado 14 ás 11h haberá unha sobre Massó. O próximo fin de semana, celebrarase a ruta ‘Muíños de Coiro’ o domingo ás 11h. O venres 20 ás 21h tocaralle a ‘1617, a defensa da vila’, o sábado 21 ás 11 ‘O Facho’ e por último, o venres 27 ás 21h finalizarase o setembro en ruta coa temática ‘1617, outro punto de vista’.

Maite Villar, concelleira de turismo, anima a toda a veciñanza e visitantes a participar destas actividades gratuítas.
A inscrición previa pode facerse directamente na Oficina de Turismo de Cangas ou nos teléfonos 986392023 ou 986300875.

Celebración dun sorteo

A concelleira de turismo anuncia o sorteo de tres latiñas de cerámica réplica das antigas latas da conserveira de Massó. O sorteo celebrarase entre todas as persoas que participen das rutas do mes de setembro, “para que leven canda seu un anaco da historia recente de Cangas para os seus fogares”.