Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Verán en Ruta

O venres 2 de agosto comezou unha nova edición do programa “Verán en ruta” cun gran éxito de acollida chegando a congregar máis de 40 persoas.

 

O obxectivo destas rutas é dar a coñecer e por en valor os recursos turísticos, culturais e naturais do municipio. É a  Asociación de Animación Sociocultural e Turística A Illa dos Ratos a encargada de levar a cabo esta labor e de escoller as rutas a realizar en función  dos datos de asistencia de anos anteriores.

 

En total se realizarán 9 rutas guiadas as que van realizar nas datas  que a continuación se indican:

 

02/08/2019 – Ruta Nocturna

04/08/2019 -  Intermareal de Areamilla

09/08/2019 – Cangas 1617

10/08/2019 – O facho

11/08/2019 – Masso

16/08/2019 – Cangas e o mar

17/08/2019 – Senda costeira

24/08/2019 -  Cabo Home

25/08/2019 – Muiños de Coiro

 

A inscrición pódese facer nas Oficinas de Turismo de Cangas, por correo electrónico a turismo@cangas.gal, chamando aos teléfonos 986 392 023 ou 986 300 875, ou a través da Asociación  A Illa dos Ratos no Whatsapp 611 080 853.