Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


DOA SANGUE

Neste verán, os hospitais precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

As persoas enfermas que ingresan nos hospitais non toman vacacións e dependen da solidariedade das persoas que doan sangue para recuperar a saúde ou salvar a vida.

O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias.

Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos...

Desde 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuíto.

Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, máis de 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplantes de órganos.

Agradecemos a súa constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a milleiros de enfermos.