Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


CREACTIVITY

Obra Social "la Caixa" - Invitación a Obradoiros Creactivity, espazo itinerante de EduCaixa - visita CANGAS   

 Obradoiros itinerantes:

«Creactivity»

 Un espazo interactivo que fomenta o enxeño e a creactividade entre escolares

Un novo proxecto itinerante que propón obradoiros para espertar o enxeño de nenos e nenas e axudarlles a sentirse cómodos nunha sociedade cambiante

 Prezado/a

 Informámoste de que os próximos días 3-6 de XUÑO de 2019 o espazo itinerante Creactivity, deseñado pola Obra Social «la Caixa», visitará CANGAS e queremos convidarte a participar cos alumnos do teu centro escolar.

 A Obra Social «la Caixa», a través do seu programa EduCaixa, ofrece á comunidade educativa recursos, actividades e programas educativos dirixidos ao alumnado e profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio, coa finalidade de promover o desenvolvemento competencial dos máis novos.

  Creactivity é unha das actividades que se impulsan desde EduCaixa, e está dirixida a grupos escolares de 1.º a 6.º de primaria e 1.º e 2.º ciclo de educación secundaria. Un facilitador acompaña os alumnos a través dun proceso de creación, en sesións gratuítas de 90 minutos por clase (25 alumnos aprox.).

 Que ofrece?

A través dun contexto innovador de aprendizaxe inspirada no movemento Tinkering do Exploratorium de San Francisco, Creactivity propón atopar solucións orixinais para problemas sinxelos, e anima a ser creativos e aprender dos erros, potenciando a innovación a través da experimentación e o pensamento crítico e creativo.

 O espazo permite investigar, formular retos concretos, pensar solucións, inspirarse, compartir, colaborar, improvisar, traballar en equipo e moito máis.

 Os alumnos traballarán competencias transversais no ámbito matemático, científico e tecnolóxico.

 Onde se realiza?

O espazo itinerante Creactivity estará situado na Praza de Ojea (no estacionamento de Ojea) - ou no seu centro escolar pola mañá, se a dimensión do seu espazo permíteo

 Para concertar visitas e reservar datas ou realizar calquera consulta, podes chamar ao teléfono gratuíto 900 101 493, no que poderás reservar ou informarte.

 Toni Aparicio

Secretaría Técnica Creactivity

Tfno.: 900 101 493

Descargas