Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


O CAMIÑO CARA A OBTENCIÓN DO SELO DE MERCADO EXCELENTE, PARA A PRAZA DE ABASTOS DE CANGAS.

Grazas ao crecente interese pola gastronomía, os mercados volven a estar no punto de mira. A preocupación pola saúde fixo reaccionar a consumidores e administracións e comezouse a prestar moita atención á orixe dos produtos e na importancia de manter e consumir produtos locais. Os mercados e prazas de abastos, sempre foron centros de distribución de produto de proximidade e na memoria colectiva seguen a ser identificados como tales. Sen embargo para garantir o seu futuro, os mercados precisan evolucionar cara outros modelos máis acordes coa sociedade actual.
A Praza de Abastos de Cangas debe buscar e desenvolver a súa propia personalidade e atopar cales son as súa debilidades e fortalezas, para impulsar a súa actividade de cara o futuro, adecuando e mellorando os espazos ás necesidades tanto dos comerciantes como dos consumidores. Un mercado renovado permitirá consolidar o comercio de proximidade, e a rexeneración do tecido comercial da contorna.
Por este motivo, para tomar as decisións máis oportunas para o impulso da Praza de Abastos, a concellería de Desenvolvemento Local, realizou neste mes de maio unha solicitude de subvención á Consellería de Economía Emprego e Industria, para a realización dun estudo en profundidade coa “Diagnose de situación e usos do mercado de abastos”.
O estudo “Diagnose de situación e usos do mercado de abastos” ten un orzamento de 17.600€, o financiamento de ser aprobada a subvención sería ó 50% entre a Consellería de Industria, e o Concello de Cangas.
Este estudo permitirá ó Concello avaliar a situación actual e o potencial futuro da praza e da súa contorna, coñecendo e recollendo as percepcións e opinións dos praceiros/as e usuarios/as, mediante entrevistas e grupos de debate. Logo de ter realizado a diagnose, o Concello presentará unha segunda solicitude de subvención para acometer actuacións e investimentos na Praza de Abastos en función dos resultados desa diagnose, para lograr a obtención do selo de Mercado Excelente.

Concellería de Desenvolvemento Local