Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


INICIO DOS TRABALLOS PARA INSTALACIÓN DE CONTADORES DE AUGA INDIVIDUAIS, NOS POSTOS DE PEIXE DA PRAZA DE ABASTOS DE CANGAS.

ASUNTO: INICIO DOS TRABALLOS PARA INSTALACIÓN DE CONTADORES DE AUGA INDIVIDUAIS, NOS POSTOS DE PEIXE DA PRAZA DE ABASTOS DE CANGAS.
Antecedentes:
Nos últimos meses do ano 2017, a situación de forte seca en Galicia converteuse nun problema xeralizado, polo que Augas de Galicia tivo que decretar o estado de alerta por seca, en toda a comunidade autónoma. Naqueles meses, a Concellería de Desenvolvemento Local trasladou unha circular ós concesionarios da Praza de Abastos para incidir sobre o consumo de auga, chamando á responsabilidade dos concesionarios, recordándolles a conveniencia de modificar certos hábitos, e de ser posible que mellorasen a instalación de grifos e mangueiras, para evitar perdas de auga ou consumos innecesarios.
Como parte dunha estratexia responsable e efectiva, ademais das medidas tomadas polos concesionarios, e co obxectivo de seguir reducindo o consumo, valorouse coa empresa concesionaria da xestión da auga en Cangas, proceder á instalación de contadores individuais de auga, para realizar un seguimento e control axustado do consumo de auga de cada posto de venda de peixe da Praza.
Polo anteriormente exposto,
Comunícase que,
Nos vindeiros días, iniciaranse os traballos de instalación de contadores individuais de auga nos postos de peixe da Praza de Abastos.
Pregamos desculpen as molestias que esta situación poida ocasionar tanto ós usuarios/as como ós traballadores/as da Praza de Abastos.
A auga é un recurso escaso e limitado, polo que é preciso establecer medidas de control e aforro, que redunden no beneficio xeral de todos.
Cangas, 6 de abril de 2019
Concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego Local
Concello de Cangas
Avenida de Castelao, 2, Cangas. 36940 (Pontevedra). Tfno. 986300050. Fax: 986304850