Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Premios da cultura para o recoñecemento público e institucional

Co obxectivo de incentivar, cohesionar e, ao mesmo tempo, recoñecer publicamente o labor de numerosas persoas e colectivos do noso Municipio que desenvolven un traballo inxente a prol da nosa Cultura, do noso Patrimonio e da Creación Artística, en calquera das súas múltiples facetas, o Concello de Cangas creou institucionalmente os Premios Xohan de Cangas e Ignacio Cerviño, e no presente exercicio 2019 a Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística os desenvolve de acordo coas seguintes premisas:

 

PREMIOS “XOHAN DE CANGAS”:

1.A .- “PREMIO XOHAN DE CANGAS AO LABOR CULTURAL” á persoa, colectivo ou entidade pública ou privada que se veña significando polo seu traballo na defensa e promoción da nosa Cultura en calquera dos seus eidos: música, baile, danza, audiovisuais, teatro, canto, animación sociocultural, tradición oral, cultura popular, etc.

2 1.B.- “PREMIO XOHAN DE CANGAS Á CREACIÓN ARTÍSTICA” á persoa, colectivo ou entidade pública ou privada que se teña significado pola súa obra de creación en calquera das facetas.

 

PREMIO “IGNACIO CERVIÑO Á RECUPERACIÓN / PROMOCIÓN DO PATRIMONIO”

Dirixido a todas ás persoas, colectivos ou entidades públicas ou privadas que se teñan distinguido por desenvolver iniciativas de investigación, recuperación, posta en valor, promoción... do noso Patrimonio histórico, artístico, documental, medioambiental ou arquitectónico.

Neste apartado poderán ser premiadas tamén obras concretas que vaian en consonancia co obxecto do premio.

Descargas