Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Cabalgata de Reis

A Policía Local, Protección Civil, a organización da cabalgata, o concelleiro e os técnicos de cultura e xuventude e, como non, os responsables dos colexios participantes, acordaron as seguintes normas de seguridade para os vehículos e carrozas da Cabalgate de Reis:

  1. Os remolques, unha vez engalanados, terán unha longitude máxima de 11 m, a altura permitida non pode ser superior os 4 m (incluindo estructuras e decorado) e unha anchura máxima de 3 m.
  1. Non se permitirán nos vehículos obxectos nin elementos que sobrepasen as medidas arriba indicadas. A carga non deberá comprometer a estabilidade do remolque, do vehículo tractor, nin prexudicar os diversos elementos da vía pública ou instalacións aéreas.
  1. O sistema de alumeado deberá suministrarse integramente dende o vehículo tractor ou de outro equipo adicional, que non poderá estar cuberto nin rodeado de materiais combustibles ou inflamables. Queda prohibido o alumeado con candeas, petróleo, gas ou cualquera outro tipo de combustible. Todos estes sistemas deberán estar en perfecto estado operativo antes do comenzo do desfile. En  caso contrario, tanto o  vehículo como a carroza será retirada da comitiva. Queda expresamente prohíbido o emprego de calquera dispositivo pirotécnico.
  1. Por parte da organización, designarase unha persoa que comprobará na mañá do día 5 que as carrozas cumpran co establecido nos puntos anteriores.
  1. Todos os ocupantes das carrozas deberán ir durante todo o percorrido sentados.
  1. Cada carroza nomeará a unha persoa como responsable, que será o único interlocutor coa organización.
  1. Cada carroza deberá ir flanqueada durante todo o percorrido, como mínimo, por 4 personas maiores de idade, unha en cada recuncho da carroza, debidamente identificados. Irán provistos de chalecos reflectantes e acompañaran a carroza e vehículo tractor para evitar que o público se achegue. Este personal deberá obedecer en todo momento as indicacións da organización,  da Policía Local e de Protección Civil.
  1. Non se permitirá una distancia superior a 10 m, entre as carrozas e/ou grupos participantes no desfile, indo a comitiva ir alineada e uniforme ó longo do mesmo.
  1. Queda prohibido tanto os/as condutores/as dos vehículos e a todos/as os participantes no desfile, o consumo de bebidas alcohólicas ou substancias estupefacientes, antes e durante o percorrido así como nos traxectos para acceder ó lugar de saída como o retorno da carroza ó seu garaxe despois de rematado o desfile. A Policía Local poderá ordear controis en calquera intre, podendo inmobilizar e ordenar a retirada de vehículos, carrozas ou membros  de seguridade das mesmas que superen os límites legalmente permitidos, coa conseguinte denuncia pola infracción cometida.
  1. Todas as Carrozas, deberán estar preparadas na rúa Alexandre Cribeiro as 17:45h colocándose na orde acordada entre a organización e as distintas carrozas participantes. Os/as condutores dos vehículos tractores así como o persoal de seguridade de cada carroza non poderá separarse da mesma por se fose necesario modificar a orde ou xurdir calquera.
  1. A participación na cabalgata supón a aceptación destas normas de seguridade.

 

LEMBRAMOS que a Cabalgata de Reis será o vindeiro 5 de xaneiro, ás 18:00 horas, e partirá da rotonda da Lonxa. Contará con sete carrozas, incluindo ás dos colexios, e demais colectivos de animación. Agardámosvos!

Descargas