Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Aberto o prazo de presentación de nominacións para a Gala do Deporte 2018

A Gala do Deporte de Cangas ten como obxectivo primordial premiar a labor e o traballo dos/as mellores deportistas, homes e mulleres, en función dos seus éxitos deportivos acadados ao longo do ano ou tempada, así como facer un recoñecemento en diferentes apartados do deporte da nosa vila divididos nas
seguintes modalidades:

  1. Mellor deportista cangués por modalidade deportiva.
  2. Recoñecemento a unha empresa pola súa axuda o deporte cangués.
  3. Recoñecemento a unha persoa polo seu traballo co deporte de Cangas.
  4. Mellor club.
  5. Recoñecemento a unha persoa/entidade pola promoción do deporte popular e tradicional.
  6. Recoñecemento a un deportista cangués non en activo.
  7. Mellor adestrador.
  8. Mellor promesa feminina.
  9. Mellor promesa masculina.
  10. Premio DAVID CAL a proxección dos valores deportivos e culturais de Galicia.
  11. Mellor deportista feminina.
  12. Mellor deportista masculino.

 
Os nomeamentos, por medio da folla oficial que se achega nesta convocatoria, deberán presentarse nas oficinas da Concellaría de Deportes, sita na Rúa Real nº 29, ou ben a través do correo electrónico: deportes@cangas.galO prazo para a presentación das nominacións rematará ás 14.00 horas do venres, día 14 de decembro do 2018. 


A xuntanza de deliberación será o martes, día 18 de decembro de 2018, ás 20:oo horas na Casa da Xuventude e Deporte.


O acto de entrega dos premios celebrarase o vindeiro día 11 de xaneiro do 2019 no Auditorio Municipal de Cangas.

Máis información,  a continuación, nas bases.

Descargas