Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Consello Municipal da Infancia

Esta mañá, con motivo do Día Mundial da Infancia, 20 de novembro, celebrouse o Consello Municipal da Infancia no Salón de Plenos do concello de Cangas.


Ao acto acudiron o alcalde, Xosé M. Pazos Varela, que deu a benvida a todos os participantes; o Concelleiro de Educación e Deportes, Xoán Chillón; o Inspector Xefe da Policía Local, Alberto Agulla; e a Técnica de Xuventude, Mercedes Núñez. E, por suposto, os protagonistas da xornada que foron 20 rapaces e rapazas en representación dos dez centro educativos de primaria, públicos e concertados.


Os responsables das áreas presentes informaron das funcións e actividades que desenvolven no seu día a día e en relación ao mundo da infancia e escolar. Por exemplo, dende o departamento de xuventude tratáronse temas como os campamentos Enredos de verán e nadal, certames e concursos, exposicións, saídas, obradoiros, carné xove a partir dos 12 anos… mentras que o responsable da Policia Local trasladou o seu labor en melloras de seguridade vial, concienciación medioambiental e social, emerxencias, regulación de tráfico, etc.


Pola súa parte, a representación estudiantil trasladou todo tipo de problemáticas e demandas fundamentalmente en relación a melloras de seguridade vial nas contornas dos centros, a problemática actual en canto as carencias do servizo de pediatría, unha maior dotación de papeleiras, máis aparcamento en praias, máis atención aos carrís bici e á recollida selectiva do lixo, colocación de mensaxes de educación en valores en distintas zonas ou a petición de maior oferta de cine infantil.


Todas estas suxerencias e peticións serán trasladadas ás concellerías correspondentes e, na medida do posible, intentaranse resolver con brevidade.