Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Semana da Infancia

Con motivo do Día Mundial da Infancia, o 20 de novembro, celebráranse sendas xuntanzas dos órganos de participación vinculadas co mundo d@s máis pequen@s.


CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA – 20 novembro 2018 – S.Plenos - De 11.00 a 12.50 horas -

Coa participación de 20 alumnas/os, 2 persoas por cada centro, pertencentes aos dez centros educativos de E. Primaria do noso Concello (Ceips A Rúa, Castrillón, Espiñeira, Nazaret, O Hío, San Roque, Cpr Casa de la Virgen, CPR Compañía de María, CPR Eduardo Pondal, CPR Sagrada Familia), está constituido este Órgano da Infancia, Voz dese Sector de Idade, protagonista.

Queremos salientar que a Infancia é Suxeito Activo, e que as súas opinións, en primeira persoa, contribúen a que coa súa visión fagamos unha sociedade e un Concello máis sensible e humanizado en todos os ámbitos.

Un microbús realizará sendas viaxes de ida e volta en ititnerancia por todos os centros educativos a fin de facilitar o desprazamento do alumnado. Dende a Concellaría de Ensino queremos trasladar o noso agradecemento ao propio Alumnado, Familias, Direccións dos Centros Educativos e técnicos municipais e Voluntariado, a sua colaboración no mesmo.

Na sesión deste vindeiro día 20 novembro contémplase a lectura e aprobación, se procede, da acta anterior, a renovación na súa composición deste órgnao no novo curso académico, a participación de técnicos de Xuventude e P.Local a fin de trasladarlles á representación do alumnado as súas funcións e programas de actividade, e ao mesmo tempo ser receptivv@s das súas demandas e preguntas. Por último haberá unha sesión aberta onde o alumnado participante expoña os seus plantexamentos e suxestións.

As nomeadas demandas serán trasladadas ás áreas e concellarías correspondentes coas conseguintes respostas ao órgano.

 

OBSERVATORIO MUNICIPAL DA INFANCIA- 21 novembro 2018- Casa da Xuventude - 18.00 horas -

Coa participación da Concellaría de Ensino, Delegada por Alcaldía, Representación Municipal dos distintos Grupos Municipais, Dirección en Representación Centros Públicos, Dirección en representación dos Centros Concertados, Dirección en representación das E. Infantís “A Galiña Azul”, Doble representación pola Federación de Anpas, Técnica da Área de Xuventude, Técnica da Area Socio-Educativa, Representación Pro Integración, desenvolverá o acto este Órgano sectorial de Mesa Observatorio sobre a Infancia.

Tras a lectura da acta anterior, e da reflexión e análise sobre o desenvolvemento do Plan de Traballo 2018-19, estará sobre a mesa a problemática actual do servizo de Pediatría no noso concello, para rematar coas propostas e suxestións que se consideren oportunas.

Este órgano pretende incidir en catro dimensións básicas:

- Hábitos saudables (Sanidade, Deporte,...);

- Concello da Infancia (Humanización, Parques Infantís, Camiños Escolares, Ocio e tempo libre,...);

- Protección e Seguridade Xurídicas (Lexislación, Servizos Sociais,…);

- Solidaridade con Nenas e Nenos do mundo (Dereitos da Infancia, Escola María Soliño, Programa
Vacacións en Paz,...).

 


Cangas, 16 novembro 2018 - Concellaría de Ensino e Deporte