Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Mellora da inserción laboral de persoas desempregadas

No curso 2018-2019 o Concello de Cangas será un dos concellos de toda Galicia con máis formación subvencionada concedida pola Consellería, pois temos confirmación da concesión dos seguintes Plans de formación e Programas de Emprego:

 

Obradoiro Dual de Emprego Granxa A Rúa VIII

 A novidade do Obradoiro Dual de Emprego, denominado Granxa da Rúa VIII, radica en que as dúas especialidades son de ámbito forestal, polo que o Concello de Cangas coordinará coas Comunidades de Montes Veciñais os traballos de utilidade pública e de interese social que repercutan no mantemento e repoboación dos montes veciñais de Cangas.

O Obradoiro Dual de Emprego implica a realización dun traballo efectivo no ámbito forestal por parte do alumnado-traballador e, xunto coa formación ocupacional recibida, estas persoas con contrato de formación mellorarán a súa cualificación profesional e posibilita a súa inserción laboral. Supón en total a contratación de 20 persoas con contrato de formación e 4 persoas para conformar o equipo directivo e docente, en total supón a contratación de 24 persoas por un período de nove meses a xornada completa.

 

No Obradoiro Dual de Emprego Granxa A Rúa VIII, impartiranse as seguintes especialidades:

Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (AGAR0309) e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (AGAR0208), nos que participarán 10 alumnos/as traballadores/as. 

Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEAD0411), no que participarán 10 alumnos/as traballadores/as.

 

IMPORTE TOTAL DA SUBVENCIÓN DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO É DE 299.307€

 

 

Plan AFD – Accións Formativas para Desempregadas

Plan de formación en distintos Certificados de Profesionalidade (Titulación Homologada pola Xunta) para un total aproximado de 100 persoas en situación de desemprego. Os cursos son completamente gratuítos, incluída a totalidade do material didáctico que se empregue na formación, podendo o alumnado  percibir así mesmo algunha axuda económica segundo as súas circunstancias persoais (axuda de transporte, discapacidade, IPI, conciliación e para mulleres vítimas de violencia de xénero).

Os sete cursos que porá en marcha o Concello, tres deles con inicio en 2018 e catro en 2019, desenvolveranse no centro municipal de formación da Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, sumando un total de 3.826 horas de formación, incluídas as prácticas en empresas, permitindo todos eles a obtención do seu respectivo certificado de profesionalidade.

 

  • CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS (538 HORAS)
  • XESTIÓN COMERCIAL DE VENDAS (628 HORAS)
  • OPERACIÓNS AUX. SERV. ADMINISTRATIVOS E XERAIS (448 HORAS)
  • MERCADOTECNIA E COMPRAVENDA INTERNACIONAL (768 HORAS)
  • RECEPCIÓN EN ALOXAMENTOS (648 HORAS)
  • DOCENCIA DA FORMACIÓN PROF. PARA O EMPREGO (398HORAS /1ª e 2ª edición)

 

A execución das AFD supón a impartición de 32 módulos formativos e 7 módulos complementarios, o cal da unha idea do persoal docente que implicado nas AFD.

IMPORTE TOTAL DA SUBVENCIÓN DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA PARA O PLAN AFD 2018-2019, É DE 300.000€

 

 

Programa Integrado de Emprego (PIE)

Dirixido tamén a persoas desempregadas pertencentes aos colectivos con maiores dificultades de inserción, persoas con necesidade dunha orientación laboral máis específica e individualizada.

O PIE 2018-2019 é un plan integral de emprego e formación que combina accións tales como a orientación e asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, para inserción laboral dun total aproximado de 100 participantes. Na solicitude terán certa preferencia colectivos como as persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, mulleres vítimas da violencia de xénero e as persoas menores de 30 anos con baixa cualificación.

O programa inclúe prácticas profesionais en empresas da contorna, co beneficio que supón para ambas partes (empresa e alumno/a) este tipo de actuacións. Para a execución do PIE 2018-2019 contarase con 2 orientadores laborais, e 1 auxiliar administrativo para a xestión do programa integrado, como para a contratación de docentes e orientadores laborais.

IMPORTE TOTAL DA SUBVENCIÓN DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA PARA O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO, É DE 190.000€

 

 

FOMENTO DO EMPRENDEMENTO E IMPLANTACIÓN DE NOVOS PROXECTOS EMPRESARIAIS.

O Viveiro  de  Empresas de  Servizos  do  Concello de Cangas, consiste nunha iniciativa de apoio a novos emprendedores, mediante a adxudicación por concurso público de catro despachos en condicións de alugueiro moi vantaxosas. O prazo de presentación de propostas para optar a un despacho no Viveiro de Empresas remata a principios de novembro, e está dirixido a todo tipo de iniciativas empresariais que poidan ser desenvolvidas nos espazos físicos do Viveiro, sito no Eirado do Sinal.

O proceso de licitación dos postos vacantes do Mercado Municipal de Abastos, posibilitará tamén a diversificación de novas actividades dentro do mercado municipal. O Concello está a redactar os pregos para licitar os postos vacantes neste mes de novembro, e poder adxudicalos o antes posible, para xerar máis actividade e dar oportunidades de negocio ós beneficiarios desta licitación.

 

Concellería de Desenvolvemento Económico e Emprego Local