Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Convocatoria de subvencións en materia de servizos sociais e igualdade para o ano 2018

 O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou no 31.10.2018, as subvencións destinadas ao desenvolvemento de programas e actividades de servizos sociais e igualdade para o ano 2018.

O prazo para presentar as solicitudes comprende 20 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación no BOPPO (do 2 ao 29 de novembro).

 

Información: 
 
Primeiro. Beneficiarios.
 
Poderán solicitar esta subvención entidades de carácter social sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, que desenvolvan actividades para promover o benestar social da cidadanía do Concello de Cangas a través de accións ou actividades de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadá, dentro do ámbito de intervención da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade e que se realicen durante o ano 2018, no Concello de Cangas.
 
 
Segundo. Obxecto.
 
Accións ou actividades de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadá. Poderán ser obxecto de subvención as actividades enmarcadas en cada unha das seguintes áreas de intervención:
 
  • Proxectos de atención a diversidade funcional.
  • Proxectos de atención a familia e menores.
  • Proxectos de atención a toxicomanía.
  • Proxectos de prevención de situación de violencia de xénero.
  • Proxectos dirixidos á promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
  • Proxectos de atención a inmigración e ás minorías étnicas.
  • Proxectos de prevención da exclusión social ou de promoción da inclusión social.
  • Proxectos de atención a persoas maiores.
  • Proxectos de prevención e promoción da saúde física, psíquica e social.

Descargas