Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Prevención de incendios

Coa entrada en vigor da Lei 9/2017, do 26 de decembro, hai que ter en conta que:

➡️ Debe haber 50 metros limpos de biomasa, sen toxos, xestas, piñeiros, eucaliptos ou acacias arredor das edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras, parques, instalacións industriais e construcións illadas en solo rústico. Tamén se inclúe aquí o solo urbano, urbanizable e o núcleo rural.

➡️ Tense a obriga de retirar especies arbóreas prohibidas e repoboacións forestais ilegais.

➡️ Hai que manter o terreo en condicións idóneas para previr a aparición ou propagación do lume.

📆 As franxas de prevención de incendios deben estar limpas antes de que remate o mes de maio.

➡️ As especies frondosas caducifolias (ameneiro, bidueiro, carballo, castiñeiro , loureiro...) poden estar a unha distancia de 15 metros do solo urbano, do núcleo rural, solo urbanizable e edificacións ou vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais.