Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Valoración das necesidades sanitarias de Cangas e Moaña

O Consello Municipal de Saúde realizou unha asemblea o pasado venres, día 9 de marzo, para fixar unha serie de puntos que entende que teñen que estar presentes no estudo de requisitos sanitarios que elabora o Sergas a través de Gesmedica para Cangas e Moaña.

Desde o órgano municipal maniféstase que nesa investigación débense ter en conta todas as necesidades para os vindeiros 20 anos, incluíndo a creación de novos espazos de atención médica. Dentro das mesmas, existen algunhas que non precisan de novas dotacións, polo que se entenden que poden ser medidas inmediatas. Exemplo disto é:

  1. O reforzo do servizo de urxencias (PAC), adaptalo e facelo accesible.
  2. O reforzo dunha 3ª ambulancia permanente para Cangas.
  3. A ampliación do servizo de rehabilitación e de radioloxía nas quendas de mañá e tarde.
  4. A ampliación do número de profesionais, recursos humanos e cubrir ao 100% as baixas e xubilacións.
  5. A coordinación axeitada entre o centro de saúde e os centros hospitalarios, potenciando a telemedicina, para así evitar as viaxes innecesarias.

A maiores, expóñense as seguintes consideracións que se poden resolver mentres se crean as novas infraestruturas:

  1. Eliminar todas as barreiras arquitectónicas e garantir a accesibilidade cognitiva en todos os centros sanitarios do municipio.
  2. Crear novas dotacións que eviten ao máximo os desprazamentos. Consecuentemente, enténdese que se deben ampliar os servizos, como por exemplo, o de radioloxía a 24 horas, ou o de rehabilitación en horario de tarde.
  3. Dar resposta ao déficit sanitario de Aldán e O Hío. Dentro destas novas dotacións hai que estudar a posibilidade da inclusión do concello de Bueu.
  4. Crear un servizo de urxencias con recursos suficientes que eviten que este quede desatendido cando os e as profesionais teñen que saír a atencións externas.
  5. Cumprir coa lexislación vixente de ratios/habitantes, eliminando o déficit sanitario e cubrindo as baixas e as xubilacións ao 100%.
  6. Ampliar o servizo de saúde mental e psiquiatría infante-xuvenil.
  7. Coordinar axeitadamente o centro de saúde e os centros hospitalarios, de xeito que se poñan en marcha as consultas de alta resolución.
  8. Mellorar a atención a domicilio, os coidados paliativos e a hospitalización.
  9. Requirir unha maior formación específica para o traballo con persoas con discapacidade intelectual.

O Consello de Saúde elaborará un informe dirixido ao Alcalde e á corporación municipal de Cangas valorando a proposta presentada polo Sergas e a súa adecuación ás necesidades sanitarias da vila e da súa comarca.