Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Presentación da charla sobre cancro que organiza AECC

A Asociación Española Contra o Cancro en Cangas (AECC) organiza para o vindeiro mércores, día 13 de decembro ás 20:00 horas no Salón de Plenos, unha charla sobre esta enfermidade titulada: “A importancia da investigación na prevención e tratamento do cancro. Alimentación e hábitos saudables”, un evento que pon colofón ás actividades que esta formación levou a cabo durante todo o ano.

O coloquio estará impartido pola doutora María Luaces Regueira, licenciada en Bioloxía, doutora en Biomedicina, investigadora postdoutoral e coordinadora do proxecto “Fisiopatoloxía do cancro de Páncreas. Búsqueda de novos tratamentos”. Algúns dos asuntos a tratar versarán sobre o estado actual da investigación ou sobre a prevención e situación do cancro.

Nos últimos anos estase notando un repunte desta enfermidade na provincia de Pontevedra e na comarca do Morrazo, sendo Cangas e Moaña dous dos concellos máis afectados. Por iso, o presidente da formación, Raúl Cerna, insiste na necesidade de que toda a poboación se informe, polo que anima á veciñanza a que asista ao acto. Asemade, reivindica que unha das prioridades de AECC reside na investigación, algo que se demostra no aumento do 19% de presuposto investido durante este ano para tal fin.

O concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Tomás Hermelo, tamén quixo destacar que se están dando “uns aumentos significativos de enfermos de cancro. Aínda non temos cifras concretas, pero sabemos que é algo progresivo. O Consello de Saúde está concretando os datos. Unha vez se teñan esixiremos que se investiguen e determinen as causas”.

AECC comezou hai catro meses cun estudo para “coñecer se o que está pasando é algo puntual ou se existe algún factor ou factores que o motiven. Fáltanos moita información, pero sabemos que un dos aspectos máis importantes é a prevención”.