Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Contra as violencias, apúntate ao bo trato. Actividades 27 novembro

Os centros educativos que levan traballando en violencia de xénero durante todo o trimestre achegarannos as súas propostas de rúa o luns 27 de novembro. En caso de chuvia, o día será modificado. Desde o Concello consideramos moi importantes todas as accións de traballo pola igualdade e polo bo trato, xa que se tratan de aspectos fundamentais na deconstrución de modelos perpetuadores da violencia. 

Hai que ter en conta que detrás da Violencia de Xénero hai unha construción social que lle da soporte, que é a Cultura Machista, moi difícil de detectar pero que é a base das desigualdades de xénero. Ante esta situación, a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, que dirixe Tomás Hermelo, solicitou a colaboración dos centros de ensino para sensibilizar ao resto da cidadanía:  “Cremos que é importante que os nenos e nenas teñan unha actitude activa á hora de expresar o seu sentir con respecto a este problema e, sobre todo, do que supón o bo trato nas súas relacións e no seu benestar como persoas”.

Por iso, este venres realizarase unha actividade conxunta a través de propostas diferenciadas para transmitir ao resto da cidadanía o rexeitamento da violencia e o dereito ao bo trato. A idea consiste en ocupar os espazos públicos, as prazas, os núcleos vitais dos pobos ou os elementos de reunión e interacción para facer unha pequena intervención nos mesmos a través dunha proposta plástica ou simbólica, unha acción interpretativa, unha escultura humana, etc.

Estas serán as accións que se levarán a cabo:

10:30 horas: Mural contra as violencias machistas. Alumnado do Bacharelato de Artes do IES María Soliño. Praza das Pontes.

11:00 horas: Rap “Di non á violencia". CEIP Espiñeira. Praza das Pontes.

11:10 horas: Poesía contra a Violencia. CEIP Nazaret. Praza das Pontes.

11:25 horas: Baile e dramatizacion contra a Violencia de Xénero. CEIP San Roque. Praza das Pontes.

11:35 horas: “Fun, son e serei respectada”. Colexio Casa da Virxe. Praza das Pontes.

11:40 horas: Performance “O home que te ame”. IES María Soliño. Praza das Pontes.

11:55 horas: Performance “Non mires para o outro lado”. IES Montecarrasco. Praza das Pontes.     

12:00 horas: Chegada cadea humana e lectura manifesto. IES Rodeira. Praza das Pontes.

12:15 horas: Performance “Non mires atrás”. Colexio Eduardo Pondal. Praza do Concello e Salón de Plenos.

12:30 horas: A Educación: Un paraugas fronte ao maltrato. Compañía de María. Praza do Concello.

Ademais, o sábado 25 realizarase unha manifestación contra as violencias con saída desde a Praza do Concello. Nela, farase a lectura do manifesto colectivo do Consello Municipal de Igualdade.