Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Proxecto gráfico Mar de Redes

“Mar de Redes” é un proxecto gráfico formado por unha selección de 21 imaxes co mar como contorna, que se presentará este sábado día 4 de febreiro ás 19:00 horas na Praza de Abastos de Cangas.

A súa autora, Ruth Villar Caballero, presentao co obxectivo de amosar a pesca ao cerco, un traballo esencial para a subsistencia da humanidade no litoral, sustentada no traballo e habilidade dunhas mulleres que, ancestralmente, dedicábanse á reparación das redes de pesca. Un oficio artesán que está en risco de desaparición por ausencia de renovación xeracional.

Nesta primeira entrega do proxecto “Mar de Redes” participaron barcos do Porto de Vigo e o colectivo de redeiras do Concello de Cangas. O mar como fonte de aproveitamento de materia prima esencial para a subsistencia dos pobos costeiros en todo o planeta é o cerne argumental deste proxecto, que pretende ilustrar as modificacións que se están a producir no medio pesqueiro, ben sexa pola introdución de procedementos técnicos modernos ou pola mutacións nos ciclos da chegada dos bancos de peixe á costa como consecuencia das alteracións climáticas que o planeta ben experimentando nas últimas décadas.

A exposición estará disposición do público ata o sábado 18 de febreiro, de martes a domingo en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.