Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Proceso de selección para a contratación laboral temporal de persoal para o programa integrado de emprego, que desenvolve o Concello de Cangas ao abeiro dunha subvención concedida pola Consellería de Economía

Bases reguladoras para a selección e posterior contratación laboral temporal do persoal que de seguido se relaciona, que vai prestar os seus servizos no Programa Integrado de Emprego denominado Programa Integral de Inserción Laboral Concello de Cangas III, que desenvolve o Concello de Cangas en virtude dunha subvención concedida pola Concellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015, EXPTE. TR332A/2016-0037.

Os postos de traballo que se van seleccionar son os seguintes:

  • Un/ha Técnico/a en Orientación e Inserción Laboral
  • Un/ha Técnico/a en Intermediación Laboral
  • Un/ha Administrativo/a.

Descargas