Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


O Concello de Cangas únese á campaña de doazón de sangue

Para facilitar a colaboración de toda a veciñanza canguesa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase ata o noso Concello, permanecendo o xoves 2 e o venres 3 de febreiro en horario de 16:00 a 21:00 horas na Alameda.

O obxectivo é facilitar a doazón de sangue á veciñanza e garantir deste xeito as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos. Dende o CTG recordan que en Galicia precisamos entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.

Pode doar sangue calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos, e que non teña padecido ou padeza enfermidades transmisibles polo sangue (Hepatite B ou C, SIDA, etc.) ou enfermidades graves ou crónicas (de corazón, ril, cancro, diabete insulinodependente de tipo 1, asma grave, etc.).

Basta con achegarse co DNI, tarxeta de doador ou similar, e especificar se está a tomar ou tomou recentemente algún medicamento. Non acudir sen almorzar, esperando despois de xantar polo menos dúas horas. Unha vez alí, un médico realizará unha revisión do estado de saúde e medirá o pulso, a tensión e o nivel de hemoglobina para descartar unha anemia. En tódolos casos, emprégase material estéril e dun só uso, e o volume de sangue doado recupérase case de inmediato.

O Concello agradece a colaboración e solidariedade de toda a veciñanza.

Descargas