Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Obras Parque Infantil Outeiro Balea

Velaquí as obras do Parque Infantil Outeiro Balea no que a Concellaría de obras e servizos está a traballar estes días e que se rematará en breve, procedendo a súa apertura en canto estean listos os certificados de homologación dos parques.

Como se pode observar no proxecto, elaborado polos técnicos municipais cun importe de 20.053,49 €, o estado do parque era lamentable, con poucos elementos e todos eles moi deteriorados, sen homologar e rotos.

O parque proxectase con dúas zonas diferenciadas, para nenos e maiores. O programa de necesidades é claro e concéntrase en resolver os problemas derivados do mal estado dos equipamentos do parque, substituíndoos por uns adaptados á normativa vixente, ademais da substitución e ampliación da superficie amortecedora así como a instalación dun abeiro para evitar posibles invasións da zona para uso infantil.