Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Xornadas Cangas

A Concellaría de Medio ambiente e Turismo, dirixida por Tania Castro, está traballando nun novo proxecto produtivo, sufragado por fondos europeos, que se centra en resaltar a riqueza da nosa Ría.

Trátase dun proxecto que se levará a cabo xunto coas vilas mariñeiras da provincia de Pontevedra e que terá lugar neste ano 2017. O obxectivo é organizar un fin de semana de actividades variadas en cada concello participante. As Xornadas de Cangas contarán con tres obradoiros medio ambientais con diferentes localizacións e obxectivos. “Un deles realizarase nunha das nosas praias e irá enfocado ao grave problema de acumulación de residuos na Ría”.

Contará tamén cunha exposición visual e conferencia sobre a nosa vila mariñeira. Realizaremos unha xornada completa de show cooking e varias actuacións musicais e teatrais.

A Concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Tania Castro, programará unha reunión nas próximas semanas con todos aqueles colectivos que queiran participar de maneira activa nas xornadas. “Toda aquela asociación, grupo musical, grupo teatral que queira participar deste proxecto, só ten que remitir un e-mail a t.castro@cangas.gal e explicar brevemente cal sería o microproxecto que lles gustaría desenvolver. Teñen que presentar microproxectos dunha hora enmarcados no desenvolvemento, sensibilización, información e consolidación do respecto polo Medio Ambiente, propoñendo unha actividade atractiva para a veciñanza en xeral, máis tamén serán estudadas as propostas que vaian dirixidas a idades específicas (nenez, mocidade ou adultos e adultas). “Queremos realizar unhas xornadas integradoras nas que todo aquel que queira colaborar teña un sitio. Son características imprescindibles para os microproxectos que se empreguen o máximo posible de enerxías limpas ou renovables e equipos electrónicos eficientes enerxeticamente.”