Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Presentación dos proxectos Inverno en Ruta e Roteiro de Donón

Despois do éxito rotundo das rutas guiadas gratuítas do "Verán en ruta", "Sábados en Ruta" e "Outono en Ruta", nado da colaboración entre a Concellaría de Medio Ambiente e Turismo e "A Illa dos Ratos", nace un novo proxecto de colaboración encamiñado a manter as rutas que tan ben funcionaron en anteriores edicións do programa pero facendo algunhas incorporacións novas.

Mantéñense as rutas de "Massó: O sentir dun pobo", "O Facho: Gardián Milenario", "Cangas: Rúas con Historia" e "Areamilla - Liméns: Senda Costeira" e incorpórase a ruta de "Cangas 1617: A Defensa da Vila" que tan boa acollida tivo entre as persoas que participaron o pasado 10 de decembro na conmemoración do aniversario da defensa da Vila de Cangas no asalto dos piratas turco-berberiscos.  

Ademais incorporase unha ruta medioambiental gratuíta polo Roteiro de Donón encamiñada á concienciación e sensibilización ambiental para poñer en valor o sendeiro azul e a súa conservación. Esta ruta realizarase durante catro domingo consecutivos se o tempo o permite (domingos 29 de xaneiro e 5, 12 e 19 de febreiro).

Este novo proxecto, que se levará a cabo os sábados de xaneiro, febreiro e marzo e os domingos de xaneiro e febreiro ás 11:00 horas, está encamiñado a seguir resaltando os recursos turísticos e culturais de Cangas a través dunha liña natural, histórica e medioambiental.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente e Turismo agradecen o ímpeto, interese e predisposición de "A Illa dos Ratos" para realizar estas novas rutas que tan boa acollida tiveron durante o pasado ano e invitan a todas as persoas interesadas a inscribirse na Oficina de Turismo de Cangas nos teléfonos 986 392 023 e 986 300 875 ou a través da e-mail turismo@cangas.gal 

Descargas