Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención al público: de lunes a viernes de 9:00 a 14:30.
Horario del Registro General: de lunes a viernes de 9:00 a 14:00.


Enquisa Mobilidade Urbana Sostible

Estamos a analizar a mobilidade en Cangas, como parte da implantación dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) que require unha metodoloxía de participación e quere contar coa opinión da veciñanza para poder desenrolalo.

¿EN QUE CONSISTE UN PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE?

O Plan de Mobilidade Urbana Sostible (ou PMUS) ten como obxectivo primordial mellorar e fomentar formas de desprazamento máis sostibles, que favorezan a protección do medio ambiente, e que melloren o aproveitamento dos recursos, ademais de facer a vila accesible a todos de xeito seguro, eliminando as barreiras arquitectónicas e mellorando a relación entre o peón e coche, así como o acceso aos transportes públicos. En definitiva garantir unha mellora na calidade de vida dos cidadáns.

¿EN QUE CONSISTE ESTA ENQUISA?

Esta enquisa apórtanos información sobre os desprazamentos cotiáns, as necesidades e preferencias dos veciños respecto á mobilidade no concello de Cangas, axudándonos a redactar un plan máis realista e adaptado ás necesidades reais das persoas.

Enlaces