Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Héitor Mera Herbello

  • Concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística.

h.mera@cangas.gal

Héitor Mera Herbello, nado en Cangas en 1977. Cursa os seus estudos de EXB e Bacharelato na nosa vila ata que no ano 1996 se matricula na UVigo como parte da primeira promoción de Filoloxía Galega desta institución. Rematado este periplo comeza a súa andaina profesional no barrio proletario de Coia no que continúa  fondamente encariñado co lugar e as súas xentes.

Asociado co seu labor docente tamén traballa en diversos manuais, libros de texto, dicionarios, etc., que teñen como nexo de unión o interese divulgador e educativo. Relacionado dende novo co movemento cultural da vila no que participa activamente e co que se sente plenamente identificado. 

Politicamente ingresa no BNG no ano 1999 e xa aparece por primeira vez nunha lista para as municipais daquel ano da man de Euloxio López que a lideraba. En 2007 e 2011 participa nas listas encabezadas por Clara Millán e sae elixido concelleiro nesta última cita electoral renovando a acta no ano 2015 xa con Mercedes Giráldez como número 1.

Hoxe dirixe a Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística da que pensa é un verdadeiro mestrado no que cada día se aprende algo novo. A súa motivación política é o seu amor polo País manifestado concretisimamente na devoción que lle inspira Cangas, para el, lugar fundamental.