Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Xoán Carlos Chillón Iglesias

  • Concelleiro de Ensino e Deporte.
  • 4º Tenente de Alcalde

x.chillon@cangas.gal

Xoán Carlos Chillón Iglesias nace na capital ourensana, “Atenas de Galicia”, en decembro de 1955. Mestre de profesión, exerce o maxisterio en Ourense e Lekitio – Bizkaia, primeiros destinos profesionais. No ano 1978 chega ao Morrazo, Quintela-Moaña, asentándose na nosa comarca, elixindo Cangas como punto aparte da súa vida profesional dende 1979. Coiro, Colexio Castrillón e IES Rodeira, vanse converter no seu cosmos educativo, persoal, social e familiar.

Ten participado en distintos sectores vinculados ao mundo da educación: Movemento Cooperativo Freinet, UTEG, Instituto Socio-Pedagóxico Galego, ASPG, Revista O Ensino, CIG Ensino, así como en actividade socio-cultural, desenvolvendo labores directivos en distintos colectivos (Amigos do Baloncesto Morrazo, Aspamsim, AAVV, AC Cacarexo – Coiro, AC MH 28 Agosto,..), e participando da vida asociativa da súa parroquia, concello e comarca.

En política institucional vai formar parte da Corporación de Cangas durante o período 1991-2003, integrado no Grupo Municipal do BNG, desempeñando labores de goberno (mandato 1995-99) e na oposición. Paralelamente exercerá como deputado provincial – Grupo Provincial do BNG – no período 1995-99.

No actual mandato municipal é membro do grupo de goberno, dentro das filas do BNG, asumindo a responsabilidade das áreas de Ensino e Deporte.