Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Mercedes Giráldez Santos

  • Concelleira de Obras e Servizos.
  • 1ª Tenente de Alcalde

m.giraldez@cangas.gal

Mercedes Giráldez Santos nace no barrio de O Forte na parroquia de Coiro en febreiro do ano 1966 asentándose definitivamente no casco urbano na parroquia de Cangas. É técnico especialista en administración - informática de empresa e cursou estudos de filoloxía inglesa.  Desenvolveu a súa actividade profesional no sector privado en empresas de servizos e como autónoma. Ten participado activamente en distintos colectivos sociais, ANPAS, asociacións culturais e deportivas.

Comezou a súa andaina política no ano 1999 integrada no Grupo Municipal do BNG desempeñando labores na oposición ata o ano 2007 que entrou a formar parte do goberno coma concelleira delegada de Turismo asumindo no último ano, 2010, as áreas de Cultura e Ensino ata o remate da lexislatura no ano 2011.

Presentouse coma cabeza de lista no ano 2015 polo BNG e é membro do actual grupo de goberno tripartito exercendo como portavoz do Grupo Municipal do BNG, 1ª Tenente Alcalde e concelleira de Obras e Servizos.