Punto libre de violencias sexistas

Campaña de sensibilización e concienciación proposta pola área de Igualdade en colaboración coas distintas dependencias municipais e locais de Cangas.

Para que homes e mulleres poidan empregar e gozar dos espazos públicos en condicións de igualdade e de respecto mutuo, pondo en valor a diversidade, rompendo estereotipos, roles e mitos que lexitiman a cultura do odio e das batallas de sexos. Cuestionando e rexeitando formas de interacción tóxicas disfrazadas como comportamentos naturais, normais e cotiás. Apostando por formas de relación igualitarias, libres, saudables e diversas que promovan a ocupación dos espazos sen violencias.

Por unha Cangas en pé pola igualdade, diversidade e bo trato.

Descargas